xmanoel@


¡¡Bailad Malditos!!

Fai un par de semanas comentei a miña esperanza de poder bailar nun festival (no Sónar Coruña). Pois xa foi, e xa fun. Así que algún lector se preguntará ¿bailaches, Carolino?

  • Primeiro intento: LCD Soundsystem. Non foi tal coma eu esperaba. O grupo tirou máis polo seu lado rockeiro (ou sexa, botable), e menos bailable. Houbo un momento no que sí, cando tocaron Yeah!.
  • Segundo intento: Delorean. Outro 'auga'. Delorean teñen un directo decepcionante. Non son capaces de reproducir o sonido etereo-tropical dos discos, e tampouco conseguen que soe coma un rock-dance. Deberían acelerar un pouco o tempo das cancións en directo, son demasiado lentas para poder marcar nengún ritmo. Ah, e logo teñen un problema moi típico dos grupos españois: cambian a canción cando chega o momento de cantar. A introducción instrumental ía bastante lanzada, pero en canto entraba a letra, tocaban máis baixo.
  • Terceiro intento: Hot Chip. Finalmente bailei, bailei coma un descosido. ¡E era do grupo que menos esperaba! (O seu último disco é moi de baladóns). Pero curiosamente transforman todos estes baladóns en música para bailar. ¡¡Gracias rapaces!! Fixechedesme moi feliz.

Isto non era unha crítica do Sónar 2010 Coruña. Tal vez deba facela, pero hoxe prefiro descansar.

Iso sí, anticipo que o que realmente me deixou anonadado foi a evolución dos Fuck Buttons. Por unha extraña casualidade (imaxino que quererá dicir que é un grupo que me gustan - ainda que non me apetece moito escoitar os seus discos) teñoos visto as 3 veces que se achegaron por España: no 2008, no 2009 e agora no 2010. E cambiou moito o seu directo (coma cambiou tamén o seu estilo musical de algunha maneira). Na miña opinión, a mellor.

Antigamente (2008) abusaban do grabado. Era exactamente igual ó disco. Pero agora mesmo (2010), o que tocan en directo son versións lixeiramente diferentes (moito máis bailables, moito máis ruidosas, non necesariamente iguais). Así sí que ten sentido acudir a concertos de música electrónica: ofrecendo algo diferente ó disco. Facendo que a música teña un toque do instante.

Este é o Olympians, versión do disco:

Fuck Buttons - Surf Solar from ATP Recordings on Vimeo.

E este é o Olympians, versión en directo:

(Nota, o video non é do Sonar Coruña. Eu tentei grabar o video, pero a miña cámara ten un micrófono que non serve para grabar en concertos. Así que tiven que tirar á basura o meu video. Por certo, que é un pouco cansino que todo o mundo grabe nos concertos as mesmas cancións: o Surf Solar ou Sweet Love For Planet Earth. Parece que a xente só escoita os singles: a min pareceme que teñen cancións moito mellores)

20 June 2010