The Carter (Documentary)
Se hai algún criterio que teño en conta á hora de me decidir a ver unha película debe ser a curiosidade. Tal vez por eso me pasa que teño tendencia a ver documentais de grupos e estilos de música que non coñezo apenas (porque non me chistan). E en cambio non vexo os que fan dos grupos que me gustan. (Neste caso estou dicindo unha mentira total, porque e que paso moitísimo de coñecer a vida persoal ou as motivacións artísticas dos paisanos que fan a música que me gusta, para min a música é esto, o que escoito e tal, dame un pouco igual quen sexan).
Así que cando lin por ahí que estaba moi chulo o documental Lil' Wayne - The Carter, ainda que apenas sabía nada sobre Lil' Wayne. [Agora chego o momento no que interrumpo o que tiña que dicir sobre o documental e me teño que xustificar: xa sei que Lil' Wayne ven sendo o biggest rapper alive, que é un superventas en USA e que ten feito colaboracións con todo cristo... Tamen é certo que esto último: calqueira artista que colabore con T-Pain é motivo suficiente para que non teña interes en escoitalo. Por outro lado o hip-hop da nova escola ainda non me convence de todo ... ]
O documental comeza co seguinte aviso:
Every Filmaker should be so lucky to be granted a character
as unique as Lil' Wayne to explore. Despite the seemingly unlimited
access to him and his world which he had promissed, he wouldn't sit down
with us for interviews.
Therefore, we have done our best to reveal intimate details
of his life through his music and lyrics, lyrics that we believe
reveal more about his life than what he revealed to us during our
neraly 6 months of filmin him.
Non so se mostrou pouco colaborativo, se non que unha vez estreada a película Lil' Wayne tentou prohibir a distribución do documental... Pero máis ca un problema... esto supón todo un caramelazo para un documentalista ambicioso. Conseguir falar dun persoeiro sen necesidade de facer atractivas as típicas e tediosas entrevistas, e con liberdade para todo tipo de experimentación a falta da metraxe habitual...
E tal coma promete é toda unha experiencia moi extraña e orixinal. Lil' Wayne e toda unha persoaxe, empezando polas súas ben extrañas tatuaxes, a súa dentadura postiza e o seus semprieternos vasos de poliuretano (sempre dous, un encaixado no outro). Durante unha primeira parte da película un non ten moi claro se é realmente un músico de mérito (se ben se lle ve grabando a pista de voz continuamente). Pero na segunda vez, cando vai a facer unha nova sesión a Miami, vese coma graba todas as bases el só tocando os instrumentos: ¡¡grandioso!! Non deixa de ser unha persoaxe ata certo punto discutible... pero 100% artista.
Así que, en resume, recomendo a visión do documental, un dos mellores documentais sobre músicos do ano (e este ano tamén tivemos o moi destacado Anvil! - The Story of Anvil - así que menudo ano). Non vos vou poder dicir o típico "proximamente en cines", porque esto xa saiu directamente para DVD, e se os problemas legais non fan que non se poda distribuir máis.
09 December 2009
