Fuck Buttons & Porto
Non estaba eu plenamente seguro de meterme no lío de ir a Porto a ver ós Fuck Buttons un mércores. Moitos kilómetros de coche, ter que ir só, o custe extra de facer noite na cidade, o pedir horas libres no traballo....
A máis, ainda que me gostan moito os Fuck Bottons (non só me parece moi interesante o Street Horrrsing, se non tamén todos os remixes que van facendo por ahí adiante), ... tiña alguna pequena desconfianza que algo non fose mal:
- Podía darselles por abusar das grabado nos concertos: xa marchei dun concerto seu no Primavera Sound, porque aquelo era identico ó disco, e cando facían que tocaban nos instrumentos, facíano a destempo e víase que estaban enganando.
- Ainda non teñen publicado o novo disco: Tarot Sport (non publicado, pero sí que se pode escoitar: buscade co Google). Tiña medo que por non adiantarse á chegada das tendas, non tocaran cancións novas.
Finalmente fixen o sacrificio e alá aparecín por Porto....
Arrincaron con novidades (a novidade menos sorprendente, porque xa é single dende fai uns meses): o Surf Solar. Logo tiveron un breve recordatorio do Street Horrsing, pero ó instante retomaron de novo outra canción do Tarot Sport. E a partir de ese momento non houbo dúbida algunha: o concerto era a presentación do novo disco. (¡Ledicia!). Estas novas cancións, que no disco non me daban convencido de todo, no directo eran rotundísimas.
Na outra cousa, sí, recurriron bastante ós sons grabados. Tamén é certo que as novas cancións son moito máis baseadas en samples e loops, así que outra cousa non se pode facer na canción. Ainda así, me convenceron porque foron capaces de tanto facer pequenas variacións nas cancións, coma darlle un son diferente ó concerto (porque para ir a escoitar o disco tal está grabado, sería unha bóa viaxe para nada).
E dificil explicar a expriencia do concerto. Alí ninguén bailou (¿ou se cadra sí?) pero tampouco non podíamos dar quedado quedos tampouco. Disfrutando con aquelas texturas sonoras, e pasando unha certa calor. Porque a sala estaba a reventar. Certo que non é moi grande, máis alí coido que chegamos a estar máis de 100 persoas. (Por certo 100 persoas a 10€, pouco poideron levar para casa os Fuck Buttons, así que haberá que lles agradecer o detallazo de terse achegado por Porto, por cartos non sería).
Pasaron os días e non apareceu nengún video do concerto de Porto. Cousa que xa me sospeitaba porque estábamos todos a escoitar o concerto, e non había máis que un con cámara (en cambio pode que si que haxa un bootleg, porque ó lado miña había un paisano cun equipo de grabación bastante chapuceiro). Pero eso sí, para ilustrar o concerto velahí coma sonaban 3 días despois en Madrid:
Ademáis do concerto, levei unha sorpresa máis en Porto. Non paro de coñecer novos e interesantes sitios. Se o ano pasado foi o Maus Hábitos, este ano foi o Passos Manoel, o Pitch. E agora desta vez tocou o Plano B (e os outros bares da parte de Canónigos). Porto parece non ter fin en canto a opcións culturais modernas e alternativas. Parece talmente o Berlin dos anos 90. ¡Haberá que voltar!
02 October 2009
