xmanoel@


Holy Fuck!

Holy Fuck son unha banda canadense que xa levan uns cantos anos dando voltas (dende o 2004 ou así). Eu os coñecín porque me perdín o seu famoso concerto no Primavera Sound 2008, no que remataron cunha invasión do escenario:

Youtube Video: Holy Fuck no Primavera Sound 2008 (co público bailando enriba do escenario)

Deixando aparte esta anécdota, non chegaba a collerlle o xeito ós seus discos: demasiado caóticos...

Pero xusto acaban de sacar un novo disco no 2010 (xusto agora en Maio). E desta vez, parece que sí se trata dun disco accesible. ("Accesible" úsase moitas veces coma termo despectivo dentro dos amantes da música raruna, pero para min, neste caso é ben positivo). Vexamos coma tocan en directo unha das mellores cancións do disco:

Youtube Video: Holy Fuck "Red Lights" - SXSW Music 2010

E agora vaiamos con outra (que non chego a entender porque chaman Latin America, porque non lle vexo nengunha relación ca música latina):

Yotube Video: Holy Fuck - Latin America (Live @ KEXP Music Lounge)

A raison d'être do grupo é facer música electrónica en directo sen usar nada programado ou pre-grabado. Todo ten que ser interpretado en directo. ¿Unha postura de chulería coma o Turntablism? Non sei, canda menos sí que é algo moi positivo e enriquecedor á hora de escoitar en directo a banda. As cancións non son meras copias do grabado, e os musicos poden ser quen de improvisar (cousa, que segundo comentan os do grupo - e segundo amosan estes 2 videos - fan).

Holy Fuck - Latin en Spotify

Holy Fuck - Latin na súa páxina web

27 May 2010