xmanoel@


Los Angeles clásico

É curioso, cando fai 5 anos visitei Los Angeles aquelo pareceume horripilante (tanto que dos 3 días que estiven, no do medio, pillei carreteira e fun visitar Sierra Nevada - a de California). Pero conforme foi pasando o tempo, funme arrepentindo un pouco da miña primeira impresión, e se ben moitas das cousas que fun ver non merecían a pena, dinme conta que moitas outras ben houberan merecido a pena...

Coma por exemplo pasouseme (tan só un pouco, porque cando vas en coche ben se nota que hai unha costaza) que o centro da cidade está sobre un outeiro: Bunker Hill

Los Angeles: o funicular 'Angels Flight' e o 3rd Street Tunnel en 1960

Un outeiro ca suficiente importancia para que pasasen por baixo 2 tuneles:

Falando de películas, non haberá cidade do USA que apareza en máis películas ca Los Angeles (razóns obvias). E comparando as películas clásicas (o cine negro dos anos 40 e 50, por exemplo) e a cidade hoxendía vese moi claro que todo este pasado se está a perder. (Moito máis ca en Chicago ou New York onde moitas partes da cidade manteñen a fisonomía de comezos de século).

De feito entroume tal morriña que estou pensando en revisar unhas cantas películas de época para lembrar o que foi Los Angeles e xa nunca será... Por exemplo:

Non sei seguro que hai máis de unha película fundamental para rememorar o Los Angeles da época clásica de Hollywood, terei que ir facendo a lista progresivamente.

Namentras un link a unha páxina web adicada á arquitectura angelina: You-Are-Here

25 October 2009


comment :

Every one admits that modern life seems to be expensive, however people need money for different issues and not every person gets enough cash. Therefore to receive some <a href="http://lowest-rate-loans.com/topics/credit-loans">credit loans</a> or just car loan would be a proper solution.

Posted at 9:55 p.m. on March 8, 2010

Add your comment:

Don't insert HTML in comments