O meu Vixia no Centeo
Non hai nada máis dificil hoxendía é evaluar un libro ou unha película sen ter nengún prexuicio. Non me estou referenindo a prexuicios negativos tan só. Non, os prexuicios son tamén positivos. Estamos demasiado bombardeados de todo tipo de información, recomendacións, canons culturais. ¿Cantos libros lemos porque hai que leelos?
Todo isto para contar coma foi a miña primeira lectura de O Vixía No Centeo (Catcher in the Rye) de J.D. Salinger. J.D. Salinger finou onte, e isto é a razón que me leva a escribir esta pequena historia.
Unha vez apareceu por casa a primeira traducción galega do libro. Estaba editada por Xerais e publicada nunha colección chamada Grandes do noso tempo (Esta colección recolleu en formato peto traduccións de varias obras da literatura extranxeira contemporanea. Levo moito tempo despistadísimo de coma anda o libro galego, pero de aquelas - 1990 - apenas había traduccións de lingua estranxeira ó galego. O libro en galego adoitaban a ser orixinais escritos no país). Seica este libro se editou logo na colección Fora de Xogo, esta vez dirixida a xóves, e en este caso debeu venderse moito, porque foi lectura recomendada nos Institutos. Pero esto xa é outra historia, e non ten nada que ver conmigo.
Pois eso, que topei pola casa este libro. Durante moitos anos a miña selección de lecturas aparecía pola casa. Non quere dicir que lía todo o que había, pero sí que non mercaba nen buscaba outra cousa. En certa maneira nunca deixei esta etapa, porque pouco libro teño mercado (por decisión miña non debo ter mercado máis de 40 libros).
Cando caeu o libro nas miñas mans non tiña nen idea quen era J.D. Saldinger, nen que o libro fose especialmente famoso. Comecei a lelo por un capítulo ó azar, gustoume e lino todo. O capitulo que escollín era o que arrancaba tal que así:
Son o máis grande mentireiro que poidades imaxinar. É tremendo. Se vou camiño da tenda a mercar unha revista e alguén me pregunta a onde vou, pódolle dicir perfectamente que vou á ópera.
'O Vixía no Centeo' J.D. Salinger, capítulo 3, páxina 21
A min o libro parecerame tremendamente divertido. Moi cínico, moi retorcido. Pero moi divertido. E non deixaba de sentirme identificado con Holden en algunha cousa. Tal coma comenta neste parrafo, a min tamén me costa dicir a verdade. Sen razón aparente e sen demasiada maldade. Saeme moi natural mentir. Sobre todo cando me preguntan algo.
Nunca fun consciente de todos os significados e simbolismos que ocultan o libro (coma facía Will Smith en 6 Grados de Separación); tampouco pensei que fose un libro moi alá (non coñecía a ninguén que o tivese lido - de feito ata ben pouco non comecei a descubrir que hai moita xente que leu este libro). Asomeime a J.D. Salinger sen nengún tipo de respeto. E gustoume moito. Durante uns cantos anos foi un dos meus libros favoritos, e o teño relido varias veces.
Así que non podo deixar de ter unha certa pena que morrese o autor dun dos libros que máis me teñen gustado. Ainda que resultase ser unha persona bastante fastidiada.... para min o importante foi o libro, e o telo descuberto de aquela maneira tan inadvertida.
29 January 2010
