Os libros de antes e os nenos de agora
O que é ter sobriños pequeniños. Gracias a eles, estou ó tanto da literatura para nenos. E o curioso do caso é que ós nenos de agora lle gustan os mesmos libros que antes...
Where The Wild Things are (1963). Este libro é tan mítico, que este ano se fixo unha adaptación ó cine (a segunda). Eu xa o lera de pequeno, e agora mesmo segue a parecer tan especial e innovador coma de aquela:
Goodnight Moon. Nesta caso non sabía que era tan antigo: publicado por primeira vez en 1947. A pesar das ilustracións mega-naifs e dun texto moi simple, ten unha gran maxia. Ós rapaces lles encanta que lles recites cousa tras cousa que aparecen na imaxe, e son unha chea de elas (e a ilustración ten unha chea de detalles).
(Nota, este libro foi parodiado nun divertido Goodnight Bush)
O tempo non pasa por estes libros. Ós nenos de hoxendía, seguenlles a parecer igual de fascinantes. ¡¡Encantanlles!!
24 November 2009
