Quero bailar
¿Sabedes do que teño ganas? Teño ganas de bailar nun concerto. Estoume referindo a bailar, non a botar. (Botar puden ter botado nunha chea de concertos). Botar é ridículo. ¿Que non volo parece? Pois poñede unha canción que vos guste e poñédevos a botar na casa. Calqueira que vos vexa pensará que estades tolos.
Peor aínda é toda esta xente (a maioría) que saltan a botar coma tolas cando comeza o temazo, para parar ós 15 segundos. Iso xa non é ridículo, é patético. ¡Non comeces algo que non vas a poder rematar!
Tampouco vaiades pensar que eu son moito de me mover. A miña actitude nun concerto soe ser: escoitar, estar sentado (se é posible), estar quedo, e apenas sequeira aplaudir. (Sí, son ese). Pero desta vez teño ganas de bailar.
O Sónar-Coruña podería ser axeitado para os meus propósitos.
Xa sei que hai cancións millores no último disco de LCD Soundystem, pero este e o jitazo para bailar.
Ou confiemos que Hot Chip segan tocan o seu primeiro hit, porque o que é o seu novo disco, é máis de escoitar que de bailar.
Ou podería confiar en que Delorean sexan máis entretidos do que aparentan. E curioso que o Seasun queda moi chulo de fondo musical, pero non demasiado para mover o corpo.
Fans do bote, non teñades problema en escribir comentarios insultantes. Entantariame ter un flame a morte sobre o tema.
23 May 2010
