xmanoel@


The story of Anvil

Non son un Fillo do Metal: mi rollo no es el rock. En realidad non é así. Tan só que mi rollo es otro rock. E que me cansaba todo aquelo das portadas chamativas, cun logotipo grande (tirando a feo), as camisetas negras (cos mesmos logotipos grandes), o pelo largo (pero tratado con laca), as Derbi FDS, ... Que nadie se me alporize, respeto todo aquelo, pero non me interesaba nadiña.

A semana pasada lin moi bóas críticas dun documental chamado Anvil! The Story of Anvil, e din en velo preguntándome quen serían estes Anvil. En canto vin que eran un grupo de Heavy non soupen moi ben se seguir vendo. Pero fixeno, e hei dicir que mereceu moito a pena. E recomendoo ben. O que nun principio me pareceu que sería unha aburrida biografía dun grupo vido a menos, na realidade resultou ser unha moi interesante historia de superación e ilusión, con duas persoaxes entrañables. Non cometades o meu erro, e descartar este documental como só de interés para (os poucos) fans de Anvil, se non que é un film con interés en si mesmo (divertido e triste por momentos).

Coma en Spinal Tap: este amplificador chega ata 11, porque somos a banda máis cañeira

Dentro da película hai unha pequena referencia a outra película clasica da mitoloxía do metal: This is Spinal Tap. Película que non vira ata o ano pasado, porque coidaba que era un rollazo só válido para fans do estilo musical, pero na realidad non é nada de esto. Se non que é unha coña de principio a fin. Raramente teño vista película con humor tan fino. Unha pequena xoia.

Pero coidado, que Anvil, The Story of Anvil non é coma Spinal Tap. É real coma a vida. Velaquí o trailer:

27 October 2009


Add your comment:

Don't insert HTML in comments