TAB
É curioso que Rodrigo non ceceee cando canta ¿Non sí? (Non te enfades Rodrigo, non é nada importante, eu seseo)
O venres pasado fun quen de ir ó concerto de Triangulo de Amor Bizarro. Medio de casualidade, por certo. Porque normalmente me guío polo last.fm para ver que concertos hai. Pero xa me está pasando bastante frecuentemente: os concertos de Pontevedra ou de Santiago, mos anuncia todos, pero os de Vigo, só de un par de locais. Pois deuse a casualidade que parei a tomar un café e mirando aburrido o Faro de Vigo vin o anuncio do concerto.
E menos mal... Porque me pareceu un conciertazo. Este ven sendo a terceira vez que vexo en directo a Triangulo de Amor Bizarro. E con diference foi a vez que máis me gustou. Das outras veces vinlle o pequeno pero que o son me parecía demasiado limpo, e as cancións se descubrían demasiado popeiras (que é o que son, por outro lado). Nesta ocasión o son foi tremendamente grumoso: desta vez si que tiven a sensación de estar escoitando a Jesus & Mary Chain (da época 'Automatic') ou a Joy Division (tal coma sonaban en directo antes de pasar por Martin Hannett).
Tamén é certo que tal como estaban sonorizados, non se entendía nengunha letra. Co que non teño nen idea de que van as novas cancións. A min semelloume que cantaron coma pouco 3 novas cancións - todas moi bóas, con moita caña. Coma exemplo aquí vai o video dunha canción nova no Reserva de Carballo (Local, que polo que estou vendo que ten unha programación envidiable, pena que Carballo me quede tan a tomar polo cú):
Curiosamente, buscando por Internet topei tamén un pequeno video do anterior concerto que lles vira, no Costello:
06 December 2009
