Teoria 35: El imparable éxito del cine iraní
O éxito do cine iraní é imparable:
Cando ainda era cativo, unha película peñazo era cine soviético (imaxino que a sombra de Tarkovsksi era alongada)
☟
Máis tarde falabase moito do lentas e aburridas que eran as películas francesas.
☟
Cando xa estaba na Universidade, o paradigma de película coñazo era o Kieślowski. (De aquela época estaba moi de moda a triloxía das cores. Nunca entendín porque a xente tiña tanta manía a estas películas. A min parecianme bastante entretidas. De feito gosto moito de Vermello)
☟
Máis hoxendía hai un referente clarísimo. A xente dí unha e outra vez cando lle criticas que vaia a ver unha película comercialoide: ¿Que queres, que vaia ver unha película iraní?. Ou Non pasaba ren, parecía cine iraní.
Un merito enorme que teña conseguido tal repercusión un cine que ten moitísimas dificultades de censura dentro do país e parte en clara desavantaxe fronte ó ultracomercial cine occidental.
26 January 2010
