xmanoel@


Unha volta por Tokio

Cada megaurbe ten a súa cousa especial. Tokio ten autopistas atravesando a cidade (coma Los Angeles), pero ten tamén rañaceos e edificios rodeandoa continuamente. Por iso da lugar a unha paisaxe urbana moi peculiar:

Autovía no medio da cidade que é de ¡3 alturas! Para comparar a viaxe anterior, unha volta á cidade á ras de chan:

En certa maneira esta paisaxe era tan distintiva que cando o director soviético Tarkovsky rodou a película de ciencia ficción, escolleu Tokio para a escena da autoestrada do futuro. Coma se as amplias avenidas soviéticas cos bloques todos iguales non fosen futuristas suficientes.

25 October 2010